Outra muller asasinada no Estado español pola violencia machista

O home matouna e despois suicidouse. Outra muller está ferida grave após ser apuñalada á porta do despacho do avogado que lle levaba o divorcio


Máis unha muller asasinada no Estado español pola violencia machista. Desta volta os feitos aconteceron en Xaén, onde un home de 43 anos matou a súa compañeira, de 55 anos, e despois suicidouse. A parella xa non mantiña a convivencia, mais o home desprazouse até a casa dela para a asasinar. A muller tiña alertado en reiteradas ocasións á garda civil mediante chamadas telefónicas en que daba conta dos maus tratos aos que era submetida pola súa ex parella. 

Con esta son dúas as mulleres asasinadas nesta semana, após un policía matar a parella do seu irmán en Girona por mediar nunha rifa coa súa parella, a quen apuñalou tamén e deixou ferida grave. A semana pasada mataron catro. En total, o terrorismo machista deixou 27 mortas no Estado español no que vai de ano, unha delas na Galiza, Helena, asasinada en Lugo o 28 de marzo.

Acoitelada á porta do avogado que lle levaba o divorcio

Alén das mortas, a violencia de xénero foi a causa de que haxa outras dúas mulleres feridas de gravidade, todas esta semana. Nesta quinta feira, día 30, unha muller foi acoitelada na porta do despacho do avogado onde amb@s viñan de realizar xestións relacionadas coa demanda de divorcio que ela interpuxera. 

Comentarios