Otegi parabeniza Öcalan pola decisión do PKK de abandonar as armas

O líder da esquerda abertzale Arnaldo Otegi, encarcerado na prisión de Logroño, parabeniza ao máximo dirixente do PKK Abdullah Öcalan, tamén preso, pola decisión da organización curda de apostar nas vías só políticas e abandonar así a loita armada.

Ocalan
photo_camera Ocalan

Otegi está esta semana de actualidade após o ministro español ter declarado que incorre en delito aquel que diga que no Estado español existen presos políticos, en obvia alusión ao líder de Sortu.

O político da esquerda abertzale asina desde a cadea de Logroño a seguinte mensaxe de parabenización ao Partido dos Traballadores do Kurdistán e ao seu máximo líder, encarcerado nunha prisón turca:

"Quero facervos chegar a miña máis sincera parabenización, quer ao pobo do Curdistán quer ao compañeiro do PKK encarcerado nunha prisión turca Abdullah Öcalan, pola valente e traballada decisión de abandonar as armas e empregar só os medios democráticos.

Deséxovos a maior das sortes do mundo para o camiño encetado vos levar á liberdade do voso pobo. Nese camiño habemos estar convosco en solidariedade.

Gora Curdistán! Gora Euskal Herria!

Arnaldo Otegi (Prisión de Logroño)".

Comentarios