Otegi denuncia que Madrid se move “nunha lóxica de guerra” porque “non lle interesa a paz”

Reacción de EH Bildu ao último golpe a ETA. Arnaldo Otegi afirma que o Estado español continúa instalado nunha lóxica de guerra porque acredita que lle dá reditos eleitorais.

Arnaldo Otegi. 5 de novembro de 2017

A análise de EH Bildu é que os Estados, quer o español quer o francés, non teñen a menor vontade de distensión con ETA, daí que acaben de arrestar o seu chefe militar, Mikel Aristorza, e que se neguen a falar coa organización armada a respeito do seu desarmamento e da cuestión dos presos.

Para Otegi, ao Goberno español “non lle interesa a paz” e iso é o que explica o feito de que tente obstaculizar “todos os avanzos que se poden producir”.

“Nós estamos traballando a lóxica da paz, mais hai un goberno que traballa a lóxica da guerra”, dixo Otegi en conferencia de imprensa. O líder da esquerda independentista acrescentou a seguir: “A inmensa maioría deste país apoia a lóxica da paz”.

En Euskadi, avaliou Otegi, a lóxica da guerra só ten o respaldo de 9 parlamentares dos 75 da Cámara vasca, o que fai do PP “un partido decrecente que vai á marxinalidade política”.

Comentarios