A OTAN non desbota despregar tropas en Suecia e Finlandia

O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, indica que buscarán formas de dar garantías de seguridade a estes países desde o momento que soliciten a súa entrada na organización.
O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg (no centro) mantivo a comezos de abril un encontro en Bruxelas cos ministros de Exteriores de Finlandia, Pekka Haavisto (esquerda), e Suecia, Ann Linde (dereita). (Foto: OTAN)
photo_camera O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg (no centro) mantivo a comezos de abril un encontro en Bruxelas cos ministros de Exteriores de Finlandia, Pekka Haavisto (esquerda), e Suecia, Ann Linde (dereita). (Foto: OTAN)

O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, indicou que a organización militar baralla aumentar a súa presenza na rexión báltica e mesmo despregar tropas en Suecia e Finlandia, para garantir a seguridade dos dous países escandinavos desde que soliciten o ingreso na OTAN.

En pleno debate sobre a adhesión de Suecia e Finlandia á OTAN, e as dúbidas sobre os meses de ratificación nos que non podería invocarse a cláusula de defensa mutua, quedando desprotexidos ante represalias de Rusia, Stoltenberg dixo que os aliados son "conscientes" desta preocupación e traballan para dar garantias de seguridade aos dous candidatos.

"Haberá un tempo interino entre a aplicación e ser membro de pleno dereito. Está claro que a pertenza de Suecia e Finlandia impórtalle á OTAN e buscaremos formas de dar garantías de seguridade, incluíndo aumentar a presenza da OTAN no Báltico e dentro e ao redor de Suecia e Finlandia, por suposto en consulta con eles", afirmou.

O xefe político da OTAN adiantou que está preparado para manter conversas con ambos os candidatos para tratar este período de interinidade para aumentar a presenza militar na rexión "por terra, mar e aire", ademais de aumentar a cooperación ante  ciberamenazas

Ademais, Stoltenberg aproveitou a rolda de prensa para afirmar que "Ucraína pode gañar esta guerra". "A guerra de Rusia en Ucraína non está a ir como previra Moscova. Non conseguiron tomar Kiív. Están a se retirar dos arredores de Járkov e a súa ofensiva no  Donbás está paralizada. Rusia non está a lograr os seus obxectivos estratéxicos", indicou

Comentarios