A OTAN aumentará a súa presenza no Ártico como resposta á expansión rusa

Estados Unidos propón nomear un embaixador especial para o Ártico pola "importancia estratéxica crítica" da rexión.
O USNS Supply xunto ao HMS Kent británico nun adestramento no Círculo Polar Ártico. (Foto: Departamento de defensa dos EUA).
photo_camera O USNS Supply xunto ao HMS Kent británico nun adestramento no Círculo Polar Ártico. (Foto: Departamento de defensa dos EUA).

Tanto a OTAN como o Goberno dos EUA sinalaron esta semana que aumentarán a súa presenza no Ártico como consecuencia do aumento da actividade militar de Rusia no norte dos seus territorios. 

O secretario da OTAN, Jens Stoltenberg, declarou nunha entrevista no xornal alemán Welt am Sonntag que a Alianza Atlántica "debe aumentar a súa presenza no Ártico, debido a que Rusia está a expandir a súa influencia na zona.

"Xa estamos a investir en exploradores mariños para obter unha imaxe clara do que sucede no extremo norte, pero continuaremos intensificando os nosos esforzos", afirmou Stoltenberg.

Intereses estratéxicos

O tamén ex primeiro ministro noruegués fixo fincapé nas preocupacións que xera que tanto Rusia como China estean a mostrar interese na rexión, rica en recursos. "Moscova está en proceso de reabrir bases da era soviética e despregar e probar alí novas armadas de última xeración, como mísiles hipersónicos", explicou o xefe da OTAN, despois de viaxar á parte canadense do Ártico xunto ao primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau.

É a conexión crucial entre América do Norte e Europa. O Ártico é tamén a distancia máis curta entre América do Norte e Rusia

Así, sinalou que China cada vez está máis interesada na rexión pola "gran importancia estratéxica", sobre todo, a medida que o xeo se derrete, porque se abren novas rutas comerciais para poder construír unha "ruta da seda polar"

"É a conexión crucial entre América do Norte e Europa. O Ártico é tamén a distancia máis curta entre América do Norte e Rusia", explicou.

O "desafío" de Rusia

A pasada sexta feira, tras a visita de Stoltenberg aos territorios canadenses do Ártico, o secretario xeral da OTAN advertiu que o aumento da presenza rusa na rexión constitúe "un desafío estratéxico para toda a Alianza".

"Rusia estabeleceu un novo Comando Ártico. Abriu centos de novos e antigos sitios militares do Ártico da era soviética, incluídos aeródromos e portos de augas profundas. Rusia tamén está a utilizar a rexión como banco de probas para moitos dos seus novos sistemas de armas", asegurou Stoltenberg.

Pola súa banda, Trudeau explicou que o cambio de actitude do seu país en canto á participación da OTAN no Ártico débese á deriva da situación xeopolítica nos últimos meses. Entender que Rusia é unha preocupación cada vez maior para todos fai que sexa oportuno que compartamos co secretario xeral e coa OTAN todo o que Canadá está a facer a través de NORAD", afirmou.

Un embaixador para o Ártico

O Departamento de Estado dos EUA anunciou que nomearía, no caso de que o Senado aprobe a medida, un embaixador especial para a rexión do Ártico, por primeira vez. 

O obxectivo desta figura sería "promover os intereses estadounidenses e a cooperación cos aliados e socios no Ártico", segundo explicou o portavoz adxunto da Oficina de Asuntos Públicos Globais, Vedant Patel.

"Relacionarase cos seus homólogos nas nacións do Ártico e fóra do Ártico, así como cos grupos indíxenas, e traballará en estreita colaboración coas partes interesadas nacionais, incluídos os gobernos estatais, locais e tribais; empresas, institucións académicas, organizacións sen fins de lucro, outras axencias do goberno federal e o Congreso", relatou Patel. 

Estados Unidos insistiu en que a rexión ha de ser "pacífica, estable, próspera e cooperativa", tras considerar que ten unha "importancia estratéxica crítica para o país norteamericano".
 

Comentarios