Disensións no seo do Partido Conservador británico

Osborne ve Theresa May “no corredor da morte”

O exministro de finanzas de Reino Unido e agora editor do diario Evening Star, declarou nunha entrevista da BBC este 11 de xuño que Theresa May “está no corredor da morte e só queda saber canto tempo lle queda”. 

Osborne
photo_camera Osborne

George Osborne, destacado membro do Partido Conservador e no seu día aspirante a líder da fomación, declarou na entrevista que a campaña da actual primeira ministra desfixera o seu traballo e o de Cameron. Os erros no proceso eleitoral atribúeos directamente a May e, en troca, exculpa de toda responsabilidade o maior estratega do partido, Lynton Crosby, quen, dixo, no pasado ten dirixido campañas exitosas.

Canto á hipótese de Boris Johnson ser o relevo de May, Osborne afirmou que o ministro de exteriores británico está en permanente campaña por ser o líder do partido.

Como editor do Evening Star, George Osborne criticou duramente as actuacións de Theresa May durante todas as eleccións.

Comentarios