Os mercados empurran a España cara un rescate soberano

 
A prensa internacional xa fala abertamente da posibilidade dun rescate do Estado español como 'país' e non só do seu sistema financeiro. The Guardian mesmo pon cifra a ese rescate: 300.000 millóns de euros

O que comezou como un rescate do sistema financeiro español, co compromiso de achegar 100.000 millóns de euros, non calmou aos mercados. A medida que a prima de risco segue desbocada por riba dos 600 puntos basicos (niveis nos que outros países foron rescatados) e que as medidas adoptadas polo goberno español semellan non surtir efecto, cobra forza o temor de que o Estado español pida un rescate soberano. O xornal británico The Guardian mesmo cifra a cantidade dese rescate: 300.000 millóns de euros. Outros medios elevan a cifra a 400.000 millóns.

A xuntanza que esta mesma noite manterán os ministros de Economía español e alemán non fai máis que alentar ese temor a un rescate, se ben ambos negaron que a xuntanza sexa para tratar ese tema. Desde Alemania, nos últimos días, son xa varias as mensaxes que apoian ao Estado español e alaban as políticas de recortes de Rajoy, sinalando que axudarán a calmar aos mercados. Mais, polo de agora, non sucedeu tal. E os mercados siguen, día tras día, mostrando a súa desconfianza sobre a economía española.

"Estamos peor que Irlanda"

O propio exgobernador do Banco de España, Miguel Fernández Ordóñez, vénd e afirmar na súa comparecencia na comisión do Congreso que estudaa crise financeira e o caso Bankia que "estamos peor que Irlanda", país que foi intervido en 2010.

Comentarios