Os inquéritos colocan Maduro 22 puntos por diante da dereita

Segundo os datos tirados polo Instituto Vanezolano de Análise de Datos (IVAD), o candidato bolivariano obtería o 53,8% dos apoios fronte ao 31,6% da Mesa de Unidad Democrática encabezada por Henrique Capriles. 

Pouco menos dun mes fica para as eleccións presidenciais en Venezuela e o candidato do Partido Socialista Unido de Venezuela lidera todos os inquéritos. Segundo a enquisa realizada polo IVAD, Maduro supera en 22 pontos os resultados obtidos pola dereita e achégase ao 54% dos apoios en intención de voto. 

O proxecto que encabeza Nicolás Maduro concorre ás eleccións co programa electoral que deu a vitoria ao líder bolivariano, Hugo Chávez, nos anteriores comicios desenvolvidos a finais de 2012. E o certo é que o electorado valora maioritariamente o candidato do PSUV (54,3%) como quen garante maior estabilidade política ao país, fronte ao 31,5% de enquisad@s que confían na candidatura de Henrique Capriles para gobernar Venezuela a vindeira lexislatura. 

Neste senso, segundo os resultados tirados do IVAD o 64,7% d@s venezolan@s cren que --independentemente da preferencia política-- é o actual presidente o que maior confianza reporta ao electorado. Nesta variábel só o 22% apunta cara ao presidenciábel Capriles como proxecto de futuro. Por tanto, e sempre de acordo coas proxeccións realizadas por diversas axencias independentes, o líder bolivariano vencerá nos comicios do vindeiro 14 de abril. 

Imaxe capa tirada do Flickr ChávezCandanga 

Comentarios