Os EUA continún sen recoñecer Maduro e Kerry fala de América Latina como "o noso patio traseiro"

O Imperio non larga a presión sobre Venezuela. A Administración Obama teima en que non recoñecerán Maduro até se producir a recontaxe da totalidade dos votos. Os EUA son perfeitamente conscientes de que a legalidade venezolana non contempla esa hipótese. Onte, John Kerry, secretario de Estado, equivalente ao ministro de Asuntos Exteriores de Obama, referiuse a América Latina como "o noso patio traseiro". Entrementres, a OEA mudou de posición e xa recoñece a Maduro como presidente lexítimo.

Obama Kerry
photo_camera Obama Kerry

Capriles anunciou onte que vai achegar documentación ao Consello Nacional Eleitoral que demostraría a existencia de irregularidades na contaxe de no mínimo 1 millón e medio de votos. Faino após o Tribunal Supremo venezolano fechar a porta a calquera hipótese dun novo escrutinio. A lexislación xa prevé a contaxe automática do 54 por cento dos sufraxios. Non existe ningún indicio de que se producise ningunha irregularidade relevante que puidese alterar os resultados finais (Maduro gañou cunha marxe do 1,6 por cento).

Os EUA, en troca, manteñen a súa presión e teiman en que non recoñecerán Maduro en tanto non se producir a contaxe.

Onte, cometeron un evidente erro diplomático por boca precisamente do chefe da súa acción exterior, o secretario de Estado, John Kerry (derrotado por George W. Bush na carreira presidencial de 2004).

Kerry, nunha intervención na Comisión de Asuntos Exteriores da Cámara de Representantes, advogou por unha achega "vigorosa" a América Latina, por considerala como unha rexión especialmente estratéxica para o país, tanto que non dubidou en cualificala como "o noso patio traseiro", a expresión empregue historicamente polos imperialistas norteamericanos para se referir a América do Sul.

A frase de Kerry revela até que ponto é unha obsesión para Administración Obama recuperar a hexemonía norteamericana na rexión. O desaparecimento de Chávez foi percibido por Washington como unha oportunidade histórica para emprender unha campaña política -e se for preciso paramilitar- que acabe coa eclosión de gobernos populares e anti-imperialistas na América Latina.

A OEA xa recoñece Maduro

De por parte, a Organización dos Estados de Americanos mudou a súa posición -primeiro relutante ao recoñecimento de Maduro- e onte, por boca do seu secretario xeral, desexou "ao presidente eleito" o maior éxito "no cumprimento das sáus funcións".

En sesión extraordinaria do organismo multinacional, Insulza salientou que "a organización e a secretaria xeral sempre foran respeitosas das decisións dos órgaos internos constitucionais dos países".

Comentarios