mércores 30/09/20

Orbán considera que os inmigrantes son potenciais "bombas biolóxicas"

A ONG Human Rights Watch denunciou as "malas condicións" dos hospitais en Hungría debido ao baixo investimento no sistema público de saúde.
11 June 2020, Czech Republic, Lednice: Czech Prime Minister Andrej Babis (R) (L) looks at Hungary's Prime Minister Viktor Orban as he signs the memorial book ahead of the summit of the Visegrad Group (V4) countries at Lednice Chateau. Photo: Václav ?álek/CTK/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

11 June 2020, Czech Republic, Lednice: Czech Prime Minister Andrej Babis (R) (L) looks at Hungary's Prime Minister Viktor Orban as he signs the memorial book ahead of the summit of the Visegrad Group (V4) countries at Lednice Chateau. Photo: Václav ?álek/CTK/dpa
  (Foto de ARCHIVO)

11/6/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
O primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, e á dereita, o seu homólogo checo, Andrej Babis (Václav Šálek / CTK)

O primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, volveu a arremeter nesta sexta feira, 7 de agosto, contra os inmigrantes ao considerar que son potenciais "bombas biolóxicas" e que poden aumentar os contaxios da Covid-19 no seu país.

Orbán, coñecido polos seus discursos contra a inmigración, que xa no pasado relacionou co terrorismo e coa delincuencia, realizou estas declaracións na súa entrevista de cada sexta feira na radio pública Kossuth.

"Todos os inmigrantes ilegais que queren entrar no país sen control, non só violan as leis húngaras, senón que significan unha ameaza biolóxica. É unha frase grave e por iso dígoo con coidado", afirmou Orbán.

"Ao relacionar a inmigración e o contaxio creamos unha imaxe de que todos os inmigrantes son unha bomba biolóxica que nos pode contaxiar. E non é así, só algúns o son, mais non sabemos cales", argumentou. Debido a que non se pode estabelecer quen dos que chega ao país está contaxiado, hai que "considerar todos os inmigrantes como un potencial contaminador".

Pode ser unha postura inxusta, engadiu, mais "desde o punto de vista dos húngaros, que poden ser vítimas disto, hai que pensar tamén na autodefensa", agregou Orbán, un referente para os ultras de toda a UE

Sanidade pública depauperada

En Hungría, un país de case 10 millóns de habitantes, as autoridades sanitarias confirmaron 4.621 casos de contaxio e 602 falecementos por coronavirus.

A ONG Human Rights Watch denunciou as "malas condicións" dos hospitais. "A neglixencia do Goberno deixou o sistema público de saúde pouco preparado para manexar a pandemia", sinalou, salientando a falta de xabón e de equipos de protección. HRW cre que é consecuencia de dez anos "cun gasto inferior a 5% do PIB" en sanidade pública (a media da UE é 8%).

comentarios