A oposición israelí acada un acordo para botar Netanyahu e que fará primeiro ministro un ultradereitista

Yamine Bennet, ex colono e partidario de anexionar Cisxordania, apunta a novo primeiro ministro. O Goberno que se vai constituír, afirmou, é "un pouco máis de dereitas que o actual", de Netanyahu.

naftali bennet israel
photo_camera Naftalí Bennet

Os líderes do movemento ultradereitista Yamina e o partido de centro Yeish Atid, Naftali Bennett e Yair Lapid, atinxiron un principio de acordo para liderar unha gran coalición de partidos que, de se concretar a maioría parlamentar virtual que ostentan, significaría a saída do poder do primeiro ministro israelí Binyamin Netanyahu.

Nun comunicado emitido tras unha breve reunión o domingo, Yamina informou do apoio aos esforzos de Naftali Bennett para constituír un novo Executivo "e evitar as quintas eleccións" a través dun pacto con Yair Lapid, que agora ten o mandato de formar un goberno.

Nunha intervervención pública este domingo, Bennet rexeitou que o que se vai constituír sexa un Goberno de esquerda e de feito afirmou que é "un pouco máis de dereitas que o actual". "Só hai que mirar a lista de ministros", indicou. Así, recoñeceu as "concesións" da esquerda ao facer primeiro ministro ao propio  Bennett, antigo presidente do Consello de Colonos e facer ministro de Xustiza a  Gideon Saar, líder de Nova Esperanza.

Ademais,  Bennett advertiu de que "non entregaremos territorios (...) nin vacilaremos" á hora de tomar decisións militares cando sexa necesario. "Hai 2.000 anos perdemos un Estado xudeu aquí polos odios internos. Iso non ocorrerá outra vez. Non ante os meus ollos", subliñou. 

Bennet sería primeiro ministro nun mandato partillado no que el tería o posto na primeira metade

Bennet sería primeiro ministro nun mandato partillado no que el tería o posto na primeira metade. Ex colono e partidario da anexión de Cisxordania (algo que nin Netanyahu verbalizaba en público), é un dos representantes desa parte da sociedade israelí partidaria de pao e máis pao para os palestinos e sen nada de cenoria.

Mais para que este pacto saia adiante necesitaría tamén a abstención de no mínimo 2 formacións palestinas con representación no parlamento israelí. Agárdase que para se abster, demanden dos asinantes do pacto compromisos de que haberá cambios na política de agresión contra os palestinos.

Netanyahu xa cargou contra o pacto, que cualificou como "o timo do século". 

Comentarios