ONU pide un alto o fogo en todas as guerras para loitar contra o “inimigo común” do COVID-19

guerra iraque

O secretario xeral da ONU, António Guterres, mantén que “o noso mundo enfróntase a un inimigo común: a COVID-19". "Ao virus non lle importan as etnias ou nacionalidades, faccións ou credos. Ataca a todos, implacabelmente”, indica.

O ex primeiro ministro portugués mira esta ameaza como unha oportunidade para lograr a suspensión de todos os conflitos armados activos en todo o mundo:

"A furia do virus ilustra ben a tolería da guerra. Rematemos a enfermidade da guerra e loitaremos contra a enfermidade que está a devastar o noso mundo”, sinalou.

É por iso, dixo o secretario xeral da ONU, que “estou a pedir un alto o fogo global e inmediato en todas as partes do mundo ".

"Chegou o momento de illar o conflito e centrarnos na batalla real das nosas vidas", concluíu.

Comentarios