A ONU esixe a Brasil que permita Lula exercer os seus dereitos políticos

O Comite de Dereitos Humanos das Nacións Unidas solicita ao Goberno brasleiro que permita a Lula exercer os seus dereitos políticos. Isto inclúe presentarse libremente ás eleccións presidenciais.
 

lula
photo_camera Lula nunha imaxe de abril de 2018. Foto: cedida.

O organismo internacional afirmou esta sexta feira que a súa petición significa que o ex presidente, líder e candidato do Partido dos Trabalhadores e que encabeza todas as sondaxes, teña “un acceso axeitado aos medios de comunicación e aos membros do seu partido”. Luiz Inácio Lula da Silva atópase actualmente en prisión condenado por delitos de corrupción.

O comité da ONU vixía o cumprimento da Convención Internacional dos Dereitos Civís e Políticos. Coa nota emitida a pasada sexta feira, asegura “querer preservar os dereitos do ex mandatario”. “Brasil debe tomar todas as medidas necesarias para garantir que Lula poida usar e exercitar os seus dereitos políticos mentres está na cadea, como candidato nas eleccions presidenciais de 2018”, engade o documento.

Ademais, indica que non se lle debe impedir a Lula “concorrer ás eleccións ate que todos os recursos pendentes de revisión contra a súa condena sexan completados nun procedemento xusto e a condena sexa final”.

Polo momento, a condena do ex presidente brasileiro é en segunda instancia a 9 anos de prisión por “corrupción pasiva e lavado de diñeiro”.

Comentarios