A ONU condena a invasión de Rusia a Ucraína con 141 votos a favor, 35 abstencións e 5 en contra

"Escollestes o lado correcto da historia", afirmou Volodimir Zelenski en relación aos países que votaron a favor.
Familias ucraínas chegan a Polonia desprazadas pola guerra. (Foto: SOS Aldeas Infantís)
photo_camera Familias ucraínas chegan a Polonia desprazadas pola guerra. (Foto: SOS Aldeas Infantís)

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas adoptou este cuarta feira unha resolución de condena á invasión de Ucraína nunha sesión especial de emerxencia. Trátase da undécima do organismo na súa historia.

A resolución contou co apoio de 141 países, mentres que Rusia, Bielorrusia, Siria, Corea del Norte e Eritrea votaron  en contra.

Por último, os 35 países restantes, entre os que destacan China, India, Bolivia, Cuba, El Salvador, Nicaragua, Irán, Irak, Kazajistán ou Vietnam, abstivéronse.

O secretario xeral da ONU, António Guterres, destacou a mensaxe "alta e clara" da Asemblea Xeral. En declaracións ante a prensa, pediu o remate das hostilidades en Ucraína, "que se silencien as armas" e que as partes abran a porta ao diálogo e a diplomacia.

"Unha verdade central"

Guterres resaltou que a resolución adoptada reflexa "unha verdade central". "O mundo quere a fin do tremendo sufrimento humano en Ucraína", proseguiu. "As persoas en Ucraína necesítano desesperadamente. E persoas de todo o mundo así o demandan", recalcou.

O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, mostrou ledicia pola aprobación da resolución e mostrou o seu agradecemento a "todos e cada un" dos países que han votaron a favor. "Escollestes o lado correcto da historia", agregou nunha mensaxe nas súas redes sociais.

 O Consello de Seguridade da ONU, decidiu convocar esta reunión o domingo, após Rusia vetará unha declaración de condena a súa ofensiva. Neste caso, a votación saíu adelante tras decorrer nun modelo no que os países con dereito a veto non poden aplicalo.

Comentarios