A ONU alerta de "novas vagas" de lagostas no leste de África

A praga pon en perigo as colleitas e, con iso, a alimentación dos pequenos agricultores e das súas familias.
lagosta
photo_camera Imaxe dun espécime de lagosta en Uganda (Europa Press)

Nacións Unidas alertou nesta terza feira, 17 de marzo, das "novas vagas" de lagostas do deserto que percorren Quenia, Etiopía e Somalia e poñen en perigo as colleitas e, con iso, a alimentación dos pequenos agricultores e das súas familias en todo o leste do continente africano.

O Programa Mundial de Alimentos da ONU cualificou esta epidemia de insectos como a "maior e máis perigosa" praga migratoria do mundo, cuxo repunte desde que se iniciou en 2019 é o peor dos últimos 25 anos en Etiopía e Somalia, e dos últimos 70 en Quenia.

A Organización da ONU para a Alimentación e a Agricultura (FAO, nas siglas en inglés) xa alertara o pasado mes de febreiro de que os enxames de lagostas estaban a estenderse por todo o Corno de África, así como por Tanzania, Uganda e Quenia, poñendo en serio risco as colleitas de maio e xuño nalgunhas zonas destes países.

13 millóns de persoas afectadas

Segundo a FAO, 9,7 millóns de persoas en Quenia, Etiopía e Somalia pódense ver afectadas por esta praga de insectos, mentres que en Uganda e Sudán do Sur serían 3,2 millóns. Esta oficina dasa Nacións Unidas recordou que é máis eficaz apoiar medidas de prevención que intentar posteriormente paliar as consecuencias.

Comentarios