A ONU acepta a demanda de Puigdemont por vulneración dos seus dereitos políticos

Puigdemont, durante o seu discurso onte desde Bruxelas

O Comité de dereitos humanos da ONU acepta a demanda de Carles Puigdemont pola vulneración dos seus dereitos políticos no Estado español.O organismo, con sede en Xenebra, acepta a petición presentada pola avogada internacional de Puigdemont, Rachel Lindon, que denunciaba a vulneración dos seus dereitos a se presentar a cargos públicos (artigo 25 do Convenio de Dereitos Civís e Políticos), o seu dereito á asociación política (artigo 22) e oseu dereito á expresión política pacífica  (artigo 19).

Este mesmo comité instara hai uns días o Estado español a que se comprometese a garantir os dereitos de políticos do excandidato á investidura e expresident da ANC, Jordi Sánchez, en prisión provisional desde hai máis de 5 meses acusado dun delito de rebelión.

Comentarios