ONU: Acabar coa pobreza para 2030 é un "soño" que "se está a esvaecer"

Critica a forma en que os Gobernos apostaron polo crecemento económico para sacar as persoas da pobreza e que a Axenda 2030 se basea "demasiado" nunha liña de pobreza moi baixa, estabelecida polo Banco Mundial.
17 June 2020, Senegal, Dakar: A woman walks through the Mbeubeuss landfill in Dakar. Sales of plastic and recovered waste are dropping since the outbreak of the Coronavirus (Covid-19) pandemic. Photo: Sadak Souici/Le Pictorium Agency via ZUMA/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

17 June 2020, Senegal, Dakar: A woman walks through the Mbeubeuss landfill in Dakar. Sales of plastic and recovered waste are dropping since the outbreak of the Coronavirus (Covid-19) pandemic. Photo: Sadak Souici/Le Pictorium Agency via ZUMA/dpa

17/6/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Unha muller no vertedoiro de Mbeubeuss, na cidade senegalesa de Dakar (Sadak Souici / Le Pictorium)

Acabar coa pobreza para 2030, un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel das Nacións Unidas, é un "soño" que se está a esvaecer", avisou o relator especial da ONU sobre a pobreza extrema e os Dereitos Humanos, Olivier De Schutter.

Segundo o informe presentado nas últimas horas ao Consello de Dereitos Humanos da ONU ─preparado polo seu antecesor no cargo, Philip Alston─ a pandemia do coronavirus frustrou as esperanzas de erradicar a pobreza extrema para 2030, ao tempo que levou máis de 250 millóns de persoas ao bordo da inanición.

Ademais, a pandemia vai empurrar 176 millóns de persoas máis á extrema pobreza, o que agravará o abandono de longa duración dos colectivos de baixos ingresos, incluídas as mulleres, os traballadores migrantes e as persoas refuxiadas. 

Desprezo pola vida

Segundo o traballo, o "pésimo" historial da comunidade internacional a respecto da loita contra a pobreza, a desigualdade e o desprezo pola vida humana precede en gran medida a actual pandemia de coronavirus.

O traballo tamén critica a forma en que os Gobernos apostaron polo crecemento económico para sacar as persoas da pobreza. Nomeadamente, a Axenda 2030 baséase "demasiado" nunha liña de pobreza tan baixa, estabelecida polo Banco Mundial, que permite os Gobernos reclamar un progreso onde realmente non o hai.

"Moitos líderes mundiais, economistas e expertos promoveron con entusiasmo unha mensaxe de autocompracencia, proclamando que o progreso contra a pobreza é un dos maiores logros humanos do noso tempo", apunta o informe. 

"A realidade é que miles de millóns de persoas enfróntanse a poucas oportunidades, innumerables indignidades, fame innecesaria e morte evitábel", di. 

Comentarios