OMS critica que países ricos vacinen menores de 10 anos en vez de mandar as doses a países con baixa vacinación

Tamén advertiu que a variante ómicron podería causar  contaxios mesmo en vacinados e recuperados do Covid-19.

 

O director_general_organizacion_mundial_salud_oms_tedros_adhanom_ghebreyesus
photo_camera O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS),  Tedros  Adhanom  Ghebreyesus (Foto: Europa Press)

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS),  Tedros  Adhanom  Ghebreyesus, manifestou que, para alcanzar o obxectivo de terminar co coronavirus "os líderes gobernamentais e as persoas deberán tomar decisións difíciles" durante as festividades de Nadal. Tamén advertiu que a variante ómicron podería causar  contaxios mesmo en vacinados e recuperados do Covid-19.

O rebrote de Covid-19 que se produciu da man da variante ómicron impactou en non poucos países europeos, que xa estaban en etapa de aperturas totais e agora deberon volver recorrer a confinamentos, restricións e certificados sanitarios. Este novo contexto reviviu temores a nivel global nun momento de relaxación tras case dous anos de pandemia.

Neste marco, o director xeral da Organización Mundial da Saúde,  Tedros  Adhanom  Ghebreyesus, pediu que se retomen os esforzos para aumentar as cifras de vacinados en todo o mundo. "2022 debe ser o ano no que acabemos coa pandemia", aseverou.

 OMS instou os cidadáns dos distintos países a tomar con cautela as celebracións do Nadal e indicou que é mellor cancelar as celebracións agora "e celebrar a vida mañá", que "celebrar hoxe e estar de loito mañá"

Con todo, para concretar esa ambición subliñou a necesidade de que as vacinas e os medicamentos contra o Covid-19 cheguen aos países máis pobres, o que cualificou como "unha cuestión de equidade". Ademais, cargou contra os estados de maiores ingresos que optan por inxectar unha dose de reforzo aos menores de dez anos no canto de dirixir esas doses a países onde a vacinación é moi baixa ou case inexistente.

Grupos

Tedros insistiu en que as evidencias dos beneficios da vacina de reforzo en grupos de persoas maiores deberían levar a "centrarse nos grupos que teñen risco de padecer enfermidades" e nos adultos maiores.

"En lugar de estimular un neno en países de altos ingresos, é mellor vacinar os anciáns en países que non o fixeron ", detallou. "É aquí onde a equidade debería entrar en xogo", engadiu. Non é casual esta referencia, dado que a variante ómicron tivo os seus primeiros rexistros en África, un continente que non conta con máis do 10% dos seus habitantes co esquema de inmunización completo.

Na mesma xornada, a OMS tamén indicou que existe evidencia de que a variante ómicron pode volver infectar mesmo a persoas que xa se contaxiaron de variantes anteriores ou que foron vacinadas.

"É probábel que os vacinados e os que se curaron de Covid-19 se infecten ou  reinfecten", indicou. No medio do rebrote de contaxos en Europa, que se atribúe a esta nova variante, o responsábel da OMS instou os cidadáns dos distintos países a tomar con cautela as celebracións do Nadal e indicou que é mellor cancelar as celebracións agora "e celebrar a vida mañá", que "celebrar hoxe e estar de loito mañá".

Comentarios