OMS advirte: afectadas por coronavirus poderían continuar a contaxiar 15 días após recuperarse

O director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus, cre que o illamento destas persoas debe continuar polo menos quince días despois de que os síntomas desaparezan
Coronavirus Claudio Furlan (Europa Press)
photo_camera Claudio Furlan (Europa Press)

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, destacou esta segunda feira que as persoas afectadas con Covid-19 aínda poden infectar outras persoas despois de recuperarse, polo que o seu illamento debe continuar polo menos quince días despois de que os síntomas desaparezan.

"Aínda poden infectar outros despois de deixar de se sentir mal, polo que as medidas (de illamento) deberían continuar durante polo menos dúas semanas despois de que os síntomas desaparezan", dixo o médico etíope nunha conferencia de prensa en Xenebra ao comentar especialmente a situación dos que se recuperan da enfermidade no fogar.

Tedros engadiu que nestes casos as persoas coidadores deben ser persoas con bo estado de saúde e non de grupos de risco, deben lavarse as mans despois do contacto co paciente e non se debería permitir ningunha outra visita.

Comentarios