O ‘Ocean  Viking’ rescata 59 persoas máis e navega xa con 151 migrantes

A embarcación de Médicos sen Fronteiras e SOS Mediterranée, o ‘Ocean Viking’, rescatou ante as costas de Libia neste sábado 25 de xaneiro outras 59 persoas, co que xa navega nas augas do Mediterráneo con 151 migrantes salavadas do mar a bordo.

A bordo do 'Ocean Viking' hai varias crianzas rescatadas (Imaxe: Ocean Viking)
photo_camera A bordo do 'Ocean Viking' hai varias crianzas rescatadas (Imaxe: Ocean Viking)

O buque humanitario ‘Ocean Viking’, de Médicos Sen Fronteiras e SOS Mediterranée, navega xa polo Mediterráneo con 151 migrantes recatadas das augas.

Este sábado 25 de xaneiro, a ONG Médicos Sen Fronteiras informaba en Twitter que viña de rescatar un total de 59 persoas que localizaron a bordo dunha balsa “precaria” a unhas 26 millas de distancia da costa de Libia, un pais castigado polos conflitos armados e a vulneración dos dereitos humanos dunha maneira xeralizada desde a agresión imperialista que arrasou Libia en marzo de 2011.

Este rescate de hoxe produciuse após na sexta feira o ‘Ocean Viking’ tamén ter salvado 92 persoas migrantes que, a unhas 30 millas náuticas de Libia, se atopaban afectadas por hipotermia e mareos.

Destas persoas, 22 teñen menos de 18 anos mentres que 10 están por baixo dos 15 anos e hai un bebé de 6 meses. Cinco mulleres embarazadas tamén foron salvadas.   

Comentarios