venres 29.05.2020

OCDE ve un risco de recesión na Zona Euro e Xapón polo coronavirus

Claudio Furlan (Europa Press)
Claudio Furlan (Europa Press)

O impacto do coronavirus podería reducir o crecemento da economía mundial en 2020 e situalo en 1,5%, segundo o escenario máis adverso analizado pola OCDE, que prevé que se o virus se propaga masivamente por Xapón e Europa poderían entrar en recesión.

Así o recollen as perspectivas intermedias da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), que revisa as publicadas en novembro, que prevían un crecemento mundial da economía de por volta de 2,9%. A

 OCDE non desbota que no seu escenario máis negativo - cunha epidemia prolongada e un contaxio xeneralizado noutras rexións - o produto interior bruto global caia neste primeiro trimestre.

 Antes da epidemia, a actividade xa era baixa mais presentaba síntomas de estabilización. Agora, o efecto do coronavirus sobre a confianza, os mercados financeiros, as cadeas de subministración e o turismo explican a rebaixa.

comentarios