Obama e Trump inician o traspaso de poderes cunha conversa “excelente”

Ambos os dous reuníronse no despacho oval da Casa Branca

Cw6yVnqW8AIxKlV

Apenas dous días despois de gañar as eleccións, Donald Trump, presidente electo, e Barack Obama, presidente saínte, mantiveron unha xuntanza na Casa Branca, no que foi o inicio para o proceso de traspaso de poderes que se vai desenvolver ao longo destes dous meses. Obama cualificou a reunión de “excelente” e dixo estar “alentado” pola conversa co magnate republicano. Afirmou que a súa prioridade é favocer un traspaso de poderes fluído, algo que el sempre agradeceu ao seu predecesor, George Bush. Apelou á unidade para facer fronte aos retos do país e díxolle a Donald Trump: “Se ti este éxito, o país terá éxito”.

Donald Trump, de por parte, dixo que era unha “honra” reunirse con Obama e sinalou que ambos os dous conversaron sobre moitas cuestións, “algunhas marabillosas e outras máis difíciles”.

Trump e Obama reúnense tras terse cruzado varios ataques a través dos medios de comunicación e en actos políticos nestes meses. O magnate republicano vetou o acceso á prensa no voo a Washington. Non houbo foto de familia de Obama, Trump e as súas respectivas esposas.

Comentarios