NON EXISTEN PROBAS CONCLUíNTES QUE VINCULEN COREA AO ATAQUE HACKER CONTRA SONY

Obama sanciona Pyongyang por espionaxe, práctica que Washigton realiza masivamente

Sobe a tensión entre ambos Estados logo de que o Goberno dos EUA anunciase represalias polo suposto ataque informático de Pyongyang contra Sony Pictures, cuxa autoría non está clara.

Obama no seu discurso
photo_camera Obama no seu discurso

    
O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, autorizou novas sancións contra Corea do Norte e os seus oficiais como "primeiro aspecto da resposta" de EUA contra o ataque informático presuntamente realizado por Pyongyang contra o estudo Sony Pictures en resposta á película 'A Entrevista', malia que non existen probas definitivas da responsabilidade deste goberno na actuación hacker.

"Estas accións están motivadas polo noso compromiso a responsabilizar a Corea do Norte da súa conduta irresponsable e desestabilizadora", declarou o secretario do Tesouro Jacob Lew. "Estas sancións foron adoptadas baixo a autoridade dunha Orde Executiva do presidente para illar aínda máis ás entidades norcoreanas", engadiu.

Compañías de seguridade dubidan da autoría que o FBI apunta a Corea do Norte

Ademais, outros dez individuos foron obxecto de sancións, entre eles representantes norcoreanos en África do Sur, Rusia e Irán. O comunicado do Tesouro limítase a informar da autorización das sancións e non menciona a forma que adquirirán.

Varias compañías de seguridade informática de Estados Unidos manteñen a día de hoxe que a autoría de Pyongyang non é tan clara como cre o FBI. Corea do Norte négaa e recorda que tamén foi atacada informaticamente nas últimas semanas.

Os EUA acusan a Pyongyang de realizar prácticas que a propia Administración norteamericana realiza masivamente, como no seu día revelou o xornal británico The Guardian ao publicar que o erario público estadounidense financia a empresas como Microsoft, Google, Yahoo e Facebook para colaboraren nos programas de espionaxe da Axencia Nacional de Seguranza dos EUA.

Comentarios