Obama, protagonista da campaña do unionismo en Escocia

O presidente dos EUA posicionouse, de maneira explícita, contrario á independencia converténdose na faciana de BetterTogether (Mellor Xunt@s).

BetterTogether
photo_camera [Imaxe: BetterTogether]

En plena campaña oficial do referendo de autodeterminación en Escocia, o presidente dos EUA tomou parte. Barack Obama aproveitou unha rolda de imprensa conxunta co primeiro ministro británico, James Cameron, para se posicional a prol da unidade do Reino Unido.

"Temos un grande interese en que un dos aliados máis próximos que xamáis teremos continúe a ser un socio forte, robusto, unido e efectivo". Esas foron as verbas escollidas polo mandatario estadounidense para porse acarón d@s unionistas e defender a permanencia de Escocia no Reino Unido. Embora, sinalar que "os escoceses teñen dereito a decidir o seu futuro".

As declaracións do presidente dos EUA foron axiña aproveitadas pola campaña unionista BetterTogether (Mellor Xunt@s) para lanzar unha ofensiva contra @s independentistas. Baixo o lema Non. Imos permanecer "robustos, unidos e efectivos" (Nope. Let's remain "robust, united & effective.") BetterTogether procura gañar apoios entre @s indecis@s --unha parte substancial do eleitorado, segundo os inquéritos-- valéndose da figura dun dos líderes mundiais.

Neste senso, tamén @s independentistas empregaron o sonado lema de campaña que deu a vitoria a Obama para retrucar as declaracións do presidente ianqui. Alex Saldmon afirmou que o Scottish National Party (SNP) mais tamén as demais forzas que pulan pola soberanía en Escocia e que compoñen a campaña Yes Scotland "estamos centrados en asegurar un voto pola independencia este setembro" e "a nosa mensaxe durante a campaña é 'Si, podemos' --en referencia ao Yes, we can de Obama.

A tres meses de se desenvolver o referendo independentistas e unionistas afánanse sacar fío aos seus argumentarios para que o vindeiro 18 de setembro Escocia decida se permanecer no seo do Reino Unido ou, pola contra, constituírse como un Estado de seu.

Comentarios