Obama afirma que o fin do bloqueo a Cuba é “inevitábel”

O presidente de EUA afirma que o Congreso “levantará un embargo que xa non debería estar aí”.

Saúdo entre Castro e Obama (Foto: CubaDebate)
photo_camera Saúdo entre Castro e Obama (Foto: CubaDebate)

Barack Obama considera que o fin do bloqueo a Cuba é “inevitábel”. O presidente de Estados Unidos está convencido, dixo, de que o Congreso de EUA levantará un embargo que “xa non debería de estar aí”. Obama afirmou que con estas medidas queren axudar a que “o cambio chegue a Cuba”.

Cuba e Estados Unidos deron en decembro de 2014 o primeiro paso cara á normalización das relacións entre ambos os dous países. Un punto ao que se chegaba após meses de negociacións secretas e coa mediación, como recoñeceron Raúl Castro e Barcak Obama en senllos discursos, do Papa e Canadá. O presidente de EUA afirmou na comparecencia que o “illamento” que durante medio século practicaron contra Cuba “non funcionou”, engadindo que as políticas que trataban de impulsar a Cuba cara ao colapso “non serviron”. Un recoñecemento implícito do fracaso do embargo económico, comercial e financeiro que EUA aplica á illa desde 1961.

Comentarios