O xuíz imputa ao secretario das infantas no caso Urdangarín

García Revenga foi membro do patronato e tesoureiro do Instituto Nóos.
García Revenga
photo_camera García Revenga

O xuíz vén de citar como imputado ao secretario das infantas, Carlos García Revenga, polo caso Urdangarín. Revenga, que foi membro do patronato e tesoureiro do Instituto Nóos, declarará o vindeiro 23 de febreiro, xusto despois de que o faga Iñaki Urdangarín. O propio secretario das infantas solicitou hai uns días comparecer ante o xuíz para defender a súa inocencia.

Este paso de García Revenga deuno após que o exsocio de Urdangarín, Diego Torres, o situase no núcleo do instituto Nóos, e abondando na contorna da Casa Real na enleada do caso Urdangarín.

Segundo revelan medios de comunicación españois nestas semanas, García Revenga (con 20 anos ás costas como secretario das infantas Elena e Cristina) tería sido conselleiro de Urdangarín en diferentes xestións e asuntos.

Comentarios