O xuíz embargará bens de Urdangarín e do seu exsocio ao non pagaren a fianza de 8,1 millóns

Finalizado o prazo, nin Urdangarín nin o seu ex socio depositaron o pago solidario de 8,1 millóns de euros imposto de fianza polo caso Nóos. O xuíz poderá embargar as súas propiedades
Urdangarín
photo_camera Urdangarín

Ao non pagar a fianza, o maxistrado procederá a encagar un informe para averiguar o patrimonio de Iñaki Urdangarín e Diego Torres. En base a este documento, un perito xudicial procederá a determinar que embargar. Nestes senso, medios españois adiantan que un dos benes embargados podería ser o palacete que Urdangarín e a infanta Cristina teñen en Barcelona e cuxo custo foi de perto de seis millóns de euros. Aliás, o matrimonio investiu outros dous millóns en rehabilitar e decorar esta exclusiva mansión ubicada nun barrio exclusivo da cidade condal.

Porén, fontes xudiciais apuntan a que o feito de que non pagasen a fianza dentro do prazo non quer dicer que non o poidan facer máis adiante, paralizando así o proceso de embargo. De aí que haxa quen considere que o impago deriva dunha estratexia da defensa para gañar tempo.

Cómpre lembrar que o avogado do duque presentou un escrito ao xuíz instrutor do caso, José Castro, en que aseguraba que o seu mandante viu vulnerado o seu dereito á lexítima defensa durante o proceso. O letrado apelará ao Tribunal Constitucional na procura de impugnar e anular o proceso penal arredor do que foi imputado o xenro do Borbón

Comentarios