O xuíz dá por bons os correos que implican á Casa Real no caso Urdangarín

O xuiz José Castro vén de dar por bons os correos presentados por Diego Torres, socio de Iñaqui Urdangarín, nos que se comprobaba que a Casa Real estaba ao tanto dos negocios do home da infanta Cristina.
Urdangarín á entrada dos xulgados de Palma
photo_camera Urdangarín á entrada dos xulgados de Palma

Os correos que agora o xuíz Castro dá por auténticos nunha provindencia foron apresentados polo socio de Iñaqui Urdangarín co fin de probar o coñecemento e mesmo o asesoramento por parte da Casa Real nos negocios que levaron ao home da infanta Cristina ás distintas imputacións. Neses correos, un dos nomes que máis se repite é o do secretario das infantas, Carlos García Revanga, ademais dun dos asesores da Casa Real que lle indica a Urdangarín a necesidade de “gardar as aparencias" nos seus trámites empresariais.

Malia iso, todo parece indicar, segundo opina a fiscalía, que o caso rematará con xuízo e Urdangarín, no banco dos acusados, mais coa infanta Cristina e a Casa Real cada vez máis afastados da imputación. Nos correos quedan á vista as xestións realizadas, alén de poolo secretario das infantas, García Revanga, polo asesor José Manuel Romero Moreno -coñecido como conde de Fontao- a infanta Cristina ou o propio Rei e a agora a famosa princesa Corinna, que está a ser capa de xornais e revistas.

Desde a contorna de Urdangarín pretendíase que o instrutor invalidase os cerca de 200 correos que Torres entregou coa idea de probar que a a Casa Real si participou nos negocios do Instituto Nóos a través dos cais os dous socios -o propio Torres e Urdangarín- facturaron máis de seis millóns a institucións públicas.

Comentarios