NewsNetscotland.com publica o artigo de Pilar Fernández que apareceu esta sexta feira en Sermos Galiza

A nosa colaboradora na sección de Opinión enviaba os parabéns a Escocia polo seu proceso soberanista cunha análise sobre a información nese país.

Parabéns Escocia!

NewsnetScotland.com publica, traducido en portada, o artigo da nosa colaboradora Pilar Fernández sobre o proceso soberanista escocés. O xornal, fundado en marzo de 2010, creouse coa fin de facerlel fronte ao desequilibrio de noticias e actualidade nese país. O seu editor, Paul Kavanagh, domina varios idiomas e ten moito interese ás novas que lle chegan do Estado español. No artigo de Pilar Fernández, entre outros temas, da manipulación informativa no caso do referendo ou as contas de Twitter máis interesantes para seguir o proceso.

No artigo de Pilar Fernández convida a a seguir ás publicacións e actividades de Yes Scotland (http://www.yesscotland.net/  e @YesScotland), os artigos do xornal NewsnetScotland.com (www.newsnetscotland.com e @NewsnetScotland) e contas na rede social Twitter como @wingscotland, @BellaCaledonia, @Moridura, @nwsocialist ou @WeareNational.

Comentarios