O Supremo entende que non hai “falta temporal” de Chávez e que pode adiar o seu xuramento

Chávez non estará hoxe en Caracas para xurar o seu cargo. A súa ausencia ten agora o aval xurídico do Trbiunal Supremo venezolano.

Como xa estaba previsto, Chávez non estará hoxe en Caracas para xurar o seu cargo. No seu canto, haberá unha maré humana convocada a se manifestar polo Partido Socialista Unido de Venezuela.

A ausencia de Chávez ten agora o aval xurídico do Tribunal Supremo venezolano quen se pronunciou formalmente onte a respeito de se a grave enfermidade do líder do PSUV podería inhabilitalo neste momento á hora de asumir o seu cargo, circunstancia que desencadearía a convocatoria de eleccións antecipadas.

"Non hai falta temporal"

O Supremo entende que non hai “falta temporal” de Chávez e que non se ten producido “interrupción no exercicio do cargo”. O que tería habido, estima o Tribunal, é un permiso por motivo de saúde aprobado por unanimidade pola Asemblea Nacional. Por tanto, Chávez podería adiar o seu xuramento ao momento en que se reestabeleza da súa doenza.

Mentres, continúa a ofensiva dos mainstream media arredor da saúde de Chávez, até o ponto de The Wall Street Journal empequenecer ao ABC español ao publicar artigos que poñen en dúbida que o líder bolivariano se manteña vivo: Is Hugo Chávez dead or alive?

Comentarios