O sandinismo triunfa nas eleccións municipais de Nicaragua

Os resultados tirados polo Consello Supremo Electoral (CSE) nicaragüense amosan o triunfo da Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN) en 134 das 153 alcaldías do país, incluída a capital, Managua.

A alianza sandinista, forza política maioritaria no país, tería obtido 824 mil 275 votos dos máis dun millón oitenta mil elector@s que concorrenron ás urnas o pasado domingo 4 de novemebro. Segundo o presidente de Nicaragua, Daniel Ortega, "os nicaragüenses ratificaron o camiño da paz, da seguridade e a non confrontación".

Hugo Chávez: "O triunfo da FSLN é un reflexo do fortalecemento dos gobernos populares"

Pouco despois de se coñeceren os resultados electorais, o presidente venezolano, Hugo Chávez, felicitou ao sandinismo pola súa vitoria da cal dixo "é un reflexo do fortalecemento dos gobernos populares" en América Latina.

Pola contra, a voceira do Departamento de Estado estadounidense, Victoria Nuland, puxo en dúbida a transparencia do proceso electoral e asegurou que o seu país se amosa "preocupado porque as eleccións municipais en Nicaragua non conseguiron demostrar un grao de transparencia que asegure ás e aos nicaragüenses e á comunidade internacional que o proceso reflectise o desexo do pobo". Os comicios obtiveron unha participación do cincuenta por cento do electorado, a maior desde 2002.

Comentarios