O referendo en Escocia será o 18 de Setembro

A axenda autodeterminista en Europa xa ten unha data riscada en vermello no calendario. O referendo en Escocia, pactado por Londres e Edimburgo, será o 18 de Setembro de 2014. O SNP, partido que goberna con maioría absoluta, pide o voto a prol da independencia.
Anuncio da data do referendo en Escocia

Setembro pode ser o mes dos referendos en Europa. O escocés xa ten data. 18 de Setembro de 2014. Xusto 7 días despois de que se celebre a Diada, o Día Nacional de Catalunya. Sectores independentistas catalás, basicamente ERC, desexarían que o referendo catalán fose precisamente esa xornada, polo seu forte carácter simbólico e por ese ano se cumprir o 300 aniversario da derrota catalá na Guerra de Sucesión.

Escocia tamén leva 300 anos baixo dominio doutra nación, neste caso a inglesa.

@s escoceses deberán responder un texto pactado por Londres e Edimburgo e que reza así: "Debería ser Escocia un país independente. Si ou Non".

A data do referendo anunciouna o ministro principal de Escocia e líder do Scottish National Party, Alex Salmond.

O Parlamento escocés, perante o cal Salmond presentou hoxe a lei que permitirá materializar o referendo, está a tramitar unha reforma da lei eleitoral visando rebaixar aos 16 anos a idade que outorga o dereito ao voto.

Comentarios