xoves 21/10/21

O presidente da Asemblea Nacional pide “autocrítica” no chavismo após os resultados

Diosdado Cabello apela na súa conta de twitter (@dcabellor) a facer unha “profunda autocrítica obrigada polos resultados. É contraditorio que sectores do pobo pobre voten polos seus explotadores de sempre”. Apela tamén a “procurar as nosas faltas até baixo as pedras, mais non podemos poñer en perigo á Patria nin o legado do noso Comandante”

Diosdado Cabello
Diosdado Cabello

Diosdado Cabello é o presidente da Asemblea Nacional de Venezuela e vicepresidente do PSUV. Home da máxima confianza de Hugo Chávez, de quen foi compañeiro de armas, era visto por moitos como o seu sucesor. É unha voz de peso no chavismo, un amplo movemento popular no que se lle ten situado entre os sectores máis reticentes a unha rápida evolución cara o socialismo.

Após os resultados do domingo, e a través das redes sociais, Cabello chamou á autocrítica. En varios dos tuits da súa conta (que ten 530.000 [email protected]) pide abrir un debate no chavismo após unha vitoria máis minguada do agardado.

“Seducir pola dereita”

Así, o presidente da AN avoga por facer unha “profunda autocrítica polos resultados. É contraditorio que sectores do Pobo voten polos seus explotadores de sempre”. Considera que o resultado merece unha reflexión e “procurar as nosas faltas até baixo as pedras, mais non podemos poñer en perigo á Patria nin o legado do noso Comandante”. Tamén quixo agradecer a través do twitter aos que "lle cumpriron" a Chávez e lamentou que "outros deixáronse seducir pola dereita perversa".

Indicou, aliás, mediante unha serie de chíos que xa temía que “a rancia burguesía” non había recoñecer os resultados, alertando sobre as intencións de “apoderarse do país por calquera vía”.

Debate

Os chíos de Cabello poden entenderse no marco duns resultados electorais que fican moi lonxe dos atinxidos por Hugo Chávez e mesmo por baixo do que auguraban enquisas e sondaxes. Chama á autocrítica e ao debate no seo do chavismo, indicando que o feito de que sectores populares votasen por Capriles evidencia a necesidade de dar ese paso.

Cabello marca tamén distancias a respeito de Maduro e dos sectores máis abertamente marxistas do movemento bolivariano.

comentarios