O Pentágono sinala a China como responsábel de ciberataques contra EUA

Beijing cualifica de “infundadas” as acusacións de Washington de sabotar e hackear sistemas informáticos de EUA. Hai quen fala xa da primeira ciberguerra fría. Obama dotouse de "poderes especiais" mediante un decreto para facer fronte os ciberataques

Ciberataques

Para o Pentágono, unidades especializadas do exército chinés están detrás dos ataques cibernéticos que en 2012 afectaron a numerosos sistemas informáticos de EUA, gran parte dos mesmos do goberno de Whashington. Unha responsabilidade xa apuntada o pasado mes de febreiro por unha empresa estadounidense experta en ciberseguridade. Mais agora é o Pentágono quen o di.

China, para o Departamento de Defensa de EUA, China emprega as súas capacidades para “respaldar a recompilación de intelixencia contra sectores diplomáticos,económicos e da industria de defensa que apoian os programas nacionais de defensa de Estados Unidos”, e advirte que poderían ser usados por Beijing en beneficio propio.

Desde o goberno chino rexeitáronse as acusacións do Pentágono e lembran que os ciberataques con un problema global que non só afecta a EUA.

“Desafío á seguridade e economía de EUA”

O pasado mes de febreiro, Barack Obama asinara un decreto que lle daba “poderes especiais” para responder os ciberataques, aos que cualificou o goberno de “desafío á seguridade e economía de EUA”.

“Os nosos inimigos procuran a capacidade de sabotear a nosa rede de enerxía, as nosas institucións financeiras e os nosos sistemas de control de tráfico aéreo”,afirmara o presidente estadounidense, aliás de “substraer os nosos secretos corporativos”

Comentarios