O Partido Demócrata obtén a maioría no Senado estadounidense após a vitoria de Raphael Warnock en Xeorxia

A vitoria do senador Warnock dá aos demócratas unha maioría absoluta no Senado estadounidense, con 51 asentos fronte aos 49 dos republicanos.
O senador polo Estadi de Xeorxia, Raphael Warnock (Foto: Robin Rayne / ZUMA Wire / dpa).
photo_camera O senador polo Estadi de Xeorxia, Raphael Warnock (Foto: Robin Rayne / ZUMA Wire / dpa).

O senador demócrata Raphael Warnock impúxose ao seu adversario republicano e ex xogador de fútbol americano, Herschel Walker, na segunda volta das eleccións lexislativas de medio mandato, coñecidas como Midterm dos Estados Unidos polo Estado de Xeorxia.

Warnock (con 50,7% das papeletas) obtivo na madrugada desta terza feita 1,4% máis de votos que o seu adversario, que alcanzou 49,3%.

Con todo, na primeira volta, decorrida o 8 de novembro, Warnock impúxose a Walker por apenas nove décimas, sen que ningún dos dous superase o limiar necesario do 50% para evitar unha segunda volta.

A vitoria do senador Warnock dá aos demócratas unha maioría absoluta no Senado estadounidense, con 51 asentos fronte aos 49 dos republicanos, despois de dous anos nunha división empatada pola que a vicepresidenta, Kamala Harris, e tamén presidenta da Cámara Alta, tivera que emitir votos de desempate.

Este escano adicional permite aos demócratas ter maiorías en cada comité (posibilitando acelerar os procesos lexislativos), obterían maior poder para emitir citacións para investigacións, e poderían encher unha vacante no Tribunal Supremo, onde carecen de maioría, informou a cadea CNN.

Biden felicita Warnock

O presidente estadounidense, Joe Biden, felicitou Warnock, destacando o "fracaso do trumpismo", a través dunha mensaxe de Twitter que acompañou dunha fotografía do momento.

"Acabo de chamar Warnock para felicitalo pola súa vitoria. Esta noite, os votantes de Xeorxia defenderon a nosa democracia, rexeitou o ultra trumpismo e, o que é máis importante, enviaron a un bo home de volta ao Senado. Por seis anos máis!", indicou Biden.

Warnock era un dos senadores demócratas máis vulnerábeis nas eleccións, pero Walker resultou ser un candidato débil, con erros e contradicións como rexeitar o aborto a pesar de descubrirse que lle pagou un a unha ex moza.

Warnock agradece aos votantes

O candidato demócrata, que foi reelixido, agradeceu aos seus votantes, celebrando que "o pobo falou".

"Grazas desde o fondo do meu corazón e a Deus sexa a gloria polas grandes cousas que Deus fixo. Despois dunha campaña moi rifada, ou debería dicir campañas, é unha honra para min pronunciar as tres palabras máis poderosas nunha democracia: O pobo falou", expresou tras coñecer os resultados electorais.

Comentarios