O desemprego bate récords na Eurozona, con máis de 18 millóns de persoas desempregadas

O Estado español é o que presenta peores resultados, cun 25% de desempregad@s, catorce puntos por riba da media da zona euro
paro

O desemprego na zona Euro disparouse o pasado mes de setembro por riba do 11%, sendo xa perto de 18.500.000 as persoas que se atopan sen traballo no que se publicita como unha das economías máis importantes do planeta.

Euroestat, a axencia estatística europea afirma 25,751.000 persoas carecían de emprego en setembro na UE, das cales 18 millóns e medio se atopan na zona euro, o que supón un aumento mensual de 169.000 desempregadas no conxunto da Unión Europea e de 146.000 ena zona euro.

A crise, coa contracción da economía e as duras medidas de axustes están a producir que desde hai meses haxa un aumento constante de persoas desempregadas no continente.

O Estado español (25,8% de paro) e Grecia (25,1%) son os que presentan taxas de desempego máis altas, fronte aos 4,4% de Austria ou o 5,6% dos Países Baixos e Alemaña. Aliás, e en paralelo, a precarización do emprego e os recortes nas prestacións e servizos sociais están levando a unha depauperización das condicións de vida d@s europeos e europeas.

Estado español

Nos datos da EPA (Enquisa de Poboación Activa) do terceiro trimestre sinálase que no Estado español o número de persoas en desemprego roza as 5.800.000. Na Galiza, hai 264.000 persoas desempregadas, 37.500 máis que hai 12 meses.

Nestes 12 meses na Galiza aumentaron as persoas en desemprego en 37.500. A taxa de paro é do 20,13%, cando no terceiro trimestre de 2011 estaba no 18,3 por cento. A destrución de postos de traballo atinxiu todos os sectores productivos do país.

Alén disto, o emprego existente está marcado cada vez máis pola temporalidade, coa precariedade laboral que isto implica. Un exemplo disto: a CIG informa que no pasado mes de setembro se asinaron un total de 60.957 contratos, dos cales o 92,2% foron eventuais e tan só un 7,8% indefinidos

Comentarios