O Parlamento de Chipre rexeita o rescate imposto por Bruxelas

O plan de rescate de Chipre aprobado por Bruxelas e que contemplaba unha quita sobre as contas bancarias existentes na illa vén de ser rexeitado polo Parlamento chipriota. Só 3 deputados votaron a prol do plan. Nin sequera votaron a favor os parlamentarios do grupo de goberno
Chipre
photo_camera Chipre

O Parlamento de Chipre acaba de dar coa porta nos fuciños a Bruxelas, ao non aprobar o plan de rescate deseñado desde a UE para esta illa. Só 3 deputados votaron a favor, por 36 en contra e 19 abstencións.

O Parlamento de Chipre rexeitou o proxecto de lei sobre a quita aos depósitos bancarios acordada coa Troika en troques do rescate de 10.000 millóns de euros. O partivo conservador do presidente abstívose na votación. Alemaña apremia a procurar unha solución. O goberno de Chipre mesmo propuxera non poñer quita aos depósitos de menos de 20.000 euros para tentar así que o rescate fose aprobado no Parlamento. Mais nin con esas. E só 3 deputados votaron a prol do rescate.

Nikos Anatasiadis, presidente chipriota, convocou aos representantes das diferentes organizacións con representación parlamentar a unha reunión. A finalidade, "tentar atopar unha solución". Na Cámara, as dúas principais partidos son Disy (gobernante) e AKEL, Partido Progresista dos Traballadores 

Durante a realización do debate, centos de persoas se concentraron ante as portas do Parlamento para protestar contra o rescate e deunicar o papel da Troika


Comentarios