O ministro de Interior francés afirma que a República "é unha e indivisíbel"

Valls, ministro de Interior francés de orixe catalá, admite as "peculiaridades culturais" dos bascos.

Manuel Valls, nunha entrevista con Canal Plus, aludiu á entrega ao Estado español da militante de Batasuna Aurore Martín, como parte da estratexia de colaboración inter-estatal contra ETA.

O ministro de Hollande restou importancia ao facto de que non haxa ningunha imputación de carácter criminal contra Aurore Martín e que toda a acusación se basee no seu compromiso político.

Dando pé a que se interprete que a detención de Aurore Martín obedeceu exclusivamente a razóns políticas, Valls afirmou que "as palabras teñen importancia" e que os chamados á independencia realizados pola esquerda abertzale "son perigosos para a unidade do noso país"-

Valls admite as "peculiaridades culturais" dos bascos, pero advirte ao tempo que a República francesa "é unha e indivisíbel".

Comentarios