Internacional

O Govern retira o concerto educativo aos centros que segregan por sexo

O Govern denega a renovación do concerto educativo aos 11 colexios que segregan o alumnado por sexo, aínda que se lles concede unha prórroga dun ano

nenos nenas escolas
photo_camera nenos nenas escolas

O Govern non renova o concerto educativo aos 11 colexios cataláns que manteñen a segregación por sexo nas aulas, aínda que lles concede unha prórroga dun ano. Así o vén de publicar o Diario Oficial de la Generalitat (DOGC), pois considérase que "non cumpren o principio de coeducación por medio da escolarización mixta, que debe ser obxecto de atención preferente".

Os centros educativos de Catalunya que quedan fóra son maioritariamente pertencentes a institucións relixiosas: Canigó, Bell-lloc del Pla, Les Alzines, Pineda, Xaloc, Institució Lleida, Esc. Fam. Agr. Campjoliu, Institució Tarragona, La Vall, La Farga e Viaró, segundo recolle a resolución.

O pasado 3 de marzo o Departament d'Educació da Generalitat tería requirido aos centros que achegasen o proxecto educativo alegando "as razón pedagóxicas nas que fundamentaban a elección do modelo por sexos".

Dado que non se xustificou a elección deste modelo segregado nin a adopción de medidas que garantan que a organización diferenciada do alumnado non constitúa un “impedimento á igualdade”, o Govern optou por non renovar o concerto. Con todo, por mor da actual situación de emerxencia sanitaria, decidiu prorrogalo durante un ano, procurando non prexudicar as familias.

Comentarios