O Goberno recoñece que en 2013 se destruirá máis emprego e a economía caerá un 0,5%

O ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, informou ao Consello de Ministros das novas perspectivas macroeconómicas, que confirman que España seguirá en recesión
desempregados á porta dunha oficina do INEM
photo_camera desempregados á porta dunha oficina do INEM

En 2013: Máis recesión e máis desemprego. Este é o panorama que o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, vén de expoñer no Consello de Ministros, rectificando así as anteriores previsións do goberno español, que sinalaban que para o vindeiro ano a economía tería un medre estimado do 0,2%. Os novos cálculos do executivo central prevén que en 2013 a economía caerá un 0,5% e que segurirase na senda de destruir emprego.

No que atinxe precisamente ao desemprego, o goberno español calcula que neste 2012 cabarase cunha taxa do 24,6%, e prevé un lixeiro descenso (ao 24,3%) no vindeiro exercicio. As estimacións e cálculos doutros organismos, como a OCDE, sem embargo, cifran o desempego en 2013 no Estado español nun 13 por cento.

 Prima de risco

A desconfianza dos mercados cara España marcou nesta sexta feira un novo récord, ao atinxirse os 590 puntos básicos na prima de risco. Os recortes aprobados por Rajoy e os apoios dos parlamentos alemán e holandés ao rescate hispano semmelan non ter surtido efecto na voracidade dos mercados. Cómpre lembrar que Irlanda foi rescatada cando a súa prima de risco estaba en 544 puntos básicos, Portugal cando a tiña en 627 e Grecia en preto de mil puntos básicos. 

Comentarios