O goberno grego reabre a televisión pública vencido pol@s manifestantes e unha posíbel ruptura do goberno

O goberno de Samarás reabrirá a ERT até que sexa creado o novo organismo para a emisora pública

Imaxe dos protestos ás portas da ERT [Imaxe: Prensa Libre]
photo_camera Protestos ás portas da ERT [Imaxe: Prensa Libre]

Así o anunciou o Consello de Estado heleno que reabrirá a televisión pública após sete días de encerro d@s traballadoras e traballadores da canle (ERT) que estiveron acompañad@s por millares de manifestantes na rúa. 

A decisión foi adoptada após unha xuntanza que se prolongou durante máis de tres horas coas demais forzas da coligación (Pasok e Dimar). O medo a unha ruptura no pacto de goberno e a convocatoria de eleccións antecipadas no país urxiu ao executivo a reabrir a emisora pública até que sexa constituído o organismo que virá a substituír á ERT. 

Porén, malia que a decisión manterá os perto de 3.000 empregos da canle, Samarás advertiu que os seus plans de reestruturación continúan adiante de maneira que a nova canle pública contará cun plantel máis reducido. Até o momento descoñécense cant@s traballadoras e traballadores serán despedidos. 

Aliás, anunciou o presidente heleno, a finais de xuño proporá aos seus aliados unha reforma do acordo de goberno en aras de mellorar, dixo, a cooperación entre as formacións. 

Comentarios