Así o anunciou o Consello de Estado heleno que reabrirá a televisión pública após sete días de encerro d@s traballadoras e traballadores da canle (ERT) que estiveron acompañad@s por millares de manifestantes na rúa.
A decisión foi adoptada após unha xuntanza que se prolongou durante máis de tres horas coas demais forzas da coligación (Pasok e Dimar). O medo a unha ruptura no pacto de goberno e a convocatoria de eleccións antecipadas no país urxiu ao executivo a reabrir a emisora pública até que sexa constituído o organismo que virá a substituír á ERT.
Porén, malia que a decisión manterá os perto de 3.000 empregos da canle, Samarás advertiu que os seus plans de reestruturación continúan adiante de maneira que a nova canle pública contará cun plantel máis reducido. Até o momento descoñécense cant@s traballadoras e traballadores serán despedidos.
Aliás, anunciou o presidente heleno, a finais de xuño proporá aos seus aliados unha reforma do acordo de goberno en aras de mellorar, dixo, a cooperación entre as formacións.