O Goberno español ameaza con levar ao Constitucional a declaración de soberanía de CiU e ERC

Medra a tensión entre Madrid e Barcelona. Logo de CiU e ERC pactaren unha Declaración de Soberanía, que iría ao Parlament o 23 de Xaneiro, o Goberno español enarbora a ameaza do Tribunal Constitucional. A estratexia do Estado continúa a ser a de declarar ilegal calquer movemento catalán cara á independencia.

"O que pretenden facer" -dixo este serán a vicepresidenta do Goberno do Estado, Soraya Sáenz de Santamaría na conferencia de imprensa após o Consello de Ministros- "non se pode facer".

"Que ninguén dubide que o Goberno fará cumprir a lei e a Constitución", engadiu, antes de advertir que o Executivo levará a Declaración de Soberanía ao Tribunal Constitucional.

Mentres, CiU e ERC tecen contactos co PSC, ICV e as CUP para artellar o maior consenso parlamentar posíbel arredor dunha Declaración que no seu primeiro epígrafe deixa sentado que "o pobo de Catalunya ten, por razóns de lexitimidade democrática, carácter de suxeito político e xurídico soberano".

 

 

Comentarios