Deteñen ex-presidente da CEOE por branqueo de diñeiro e alzamento de bens

Gerardo Díaz Ferrán, ex-presidente da CEOE (patronal española) e fundador de Viaxes Marsans, vén de ser detido polas forzas de seguridade nun operativo contra o branqueo de cartos. Diáz Ferrán, na súa época como máximo responsábel da CEOE, destacou pola súa belixerancia contra a clase traballadora
Díaz Ferrán
photo_camera Díaz Ferrán

Gerardo Díaz Ferrán, ex-presidente da CEOE (patronal española) e fundador de Viaxes Marsans foi detido nesta segunda por axentes da brigada de branqueo do corpo nacional de policía nunha operación contra o branqueo de cartos. No operativo foron detidas oito persoas máis.

Díaz Ferrán acumula varias causas perante a xustiza. No que atinxe a esta, está acusado dun presunto delito de quebra fraudulenta e apropiación indebida posto que, segundo a fiscalía, desviou a Suiza 4,9 millóns de euros.

Contra os e as traballadoras

Nos tres anos en que estivo á fronte da patronal española, 2007 a 2010, Díaz Ferrán sempre se amosou partidario dunha liberalización total do mercado de traballo, demandando reformas laborais e avogando por un recorte de dereitos e conquistas das maiorías sociais.

Comentarios