O Estado regala un enterro de 12 millóns de euros públicos a Thatcher, a persoa que máis fixo por o desmantelar

Margaret Thatcher foi enterrada con todos os honores de estado: escolta de 700 militares, presenza de 2.100 autoridades de 170 estados, carroza de artillería tirado por cabalos negros e funeral na catedral de San Paulo. A factura rondou os 12 millóns de euros. Aí non houbo austeridade

Enterro tatcher

Non houbo austeridade nin contención de gasto, esas palabras que tanto usa o goberno conservador de Gran Bretaña nestas semanas para xustificar as tesoiras que lle están a meter, e ben fondo, ao modelo de benestar. Perto de doce millóns de euros. Ese foi o custo do enterro de 'Maggie' Thatcher, un funeral con rango de Estado para a presidenta que, paradoxicamente, mais fixo por desmantelalo e deixalo todo a expensas dos mercados.

Máis de 4.000 policías foron despregados para que nada estorbase o que tiña que ser un enterro perfecto. E unha escola de 700 militares (entre eles, como non, veteranos nas Malvinas e Irlanda do Norte).

Milleiros de británicos asistiron ao paso do cortexo, pomposo como só o saben facer os tradicionalistas británicos, entre o silenzo de respeto, os aplausos de recoñecemento e, tamén, que os houbo, os apupos de rexeitamento.

Cantos recortes faría 'Maggie' por aforrar 12 millóns?

No fondo, tras este acto fica a pregunta, lanzada desde os sectores críticos con Thatcher e o seu legado. Gastouse no seu enterro 11,7 millóns de euros. Para aforrar esa cantidade, cantos recortes tería feito 'Maggie' en servizos básicos (educación, sanidade...)?.

Tatcher tivo un funeral de pompa, luxo e grandiosidade. Un esbanxamento de 12 millóns de euros públicos. Triste ironía: As mesmas clases qe machacou coas súas políticas neoliberais e privatizadores tiveron que pagáronlle un enterro de luxo.

Mais, á hora na que decorría o cortexo fúnebre polas principais rúas de Londres, nos pubs republicanos de Belfast (os de Falls Road, a arteria republicana e rebelde que os batallóns de paracaidistas británicos enviados por Thatcher non foron quen de dobregar) as pintas de cervexa ían á metade de prezo para festexar que 'The Bastard' estaba baixo terra.

Comentarios