O discurso de El Rei, o menos visto da historia malia ser emitido por 25 canles

A mensaxe de Nadal do rei español, emitida por 25 canles de TV, foi visto por menos de sete millóns de espectadores. O peor dato desde que se miden as audencias desta comparecencia do Borbón. Aliás, e nos 10 minutos de intervención do monarca, reduciuse o índice de consumo televisivo.
Borbón

Malia ser emitido por 25 cadeas de televisión, a mensaxe de Nadal de Juan Carlos de Borbón, rei español, apenas atinxiu os sete millóns de espectadores. É a peor audencia na historia dos discursos natalicios do monarca español desde que se mide o seu seguimento, que comezou a facerse en 1998. Aliás, na franxa horaria na que falou Juan Carlos reducíronse os índices de consumo televisivo.

Xa que logo, e neses 10 minutos de discurso, cada vez son máis os e as cidadás que non sintonizan a televisión. E dos que o fan, tamén cada vez menos os que optan por seguir a mensaxe de El Rei.

Aliás, na franxa horaria na que falou Juan Carlos reducíronse os índices de consumo telivisivo

Malia a Casa Real vender diversas innovacións para o discurso deste ano, desde a postura 'informal' (apoiado na mesa e nons entado) até a dispoñibilidade da mensaxe en linguas cooficiais ou a súa retransmisión a través de youtube, os resultados de audiencia apuntan a que cada vez é máis a indiferenza ante a tradicional mensaxe natalicia de Juan Carlos aos españois.

'Apagón'

Nos días previos ao 24 de decembro a través das redes sociais navegaron varias iniciativas e chamadas a non seguir o discurso do Borbón. Na Galiza, un dos hastag #galizanontenrei.

A mensaxe do monarca español incideu en tópicos, como a necesaria unidade dos políticos fronte á crise, e veñladas referencias ao camiño soberanista de Catalunya. Un discurso parabenizado por PP e PSOE, mais criticado por IU, Amaiur, ERC, BNG, entre outras forzas. Estas consideran que a mensaxe de Nadal estivo, máis unha vez, alonxado da realidade e sen entrar a analizar ou falar das causas da crise e da situación actual.

Comentarios