O Constitucional suspende o euro por receita en Madrid, 2 semanas despois de facelo en Catalunya

O Tribunal Constitucional vén de suspender a aplicación do euro por receita en Madrid, após admitir o recurso de inconstitucuonalidade do goberno español contra o copago
euro por receita

O Tribunal Constitucional suspende o euro por receta tras admitir o recurso presentado polo Goberno contra este cobro que a Comunidade de Madrid ten en vigor desde o 1 de xaneiro. A decisión prodúcese días despois de que este mesmo órgano fixese o mesmo en Catalunya.

A decisión obriga a non cobrar polas prescripcións médicas durante un periodo de cinco meses. O goberno central decideu presentar recurso de inconstitucionalidade por entender que a Comunidade de Madrid atribuíase competencias que non lle corresponden.

Desde o executivo autonómico madrileño, o seu presidente, Ignacio González, xa afirmou que "acatará de inmediato" a decisión do TC, mais deixou caer que ao perder esta fonte de ingresos, a comunidade podería ter que facer fronte a novos recortes no eido da sanidade.

Comentarios