O Constitucional suspende a declaración de soberanía do Parlament

O Tribunal Constitucional, por primeira vez desde a fin do franquismo, veta un acordo dunha cámara autonómica. Dá a razón o Avogado do Estado que considera a declaración “un desafío aberto á Constitución”

Pleno Parlament Catalunya
photo_camera Pleno Parlament Catalunya

O Tribunal Constitucional español suspende a declaración de soberanía aprobada o pasado 23 de xaneiro polo Parlament de Catalunya. O TC admite a trámite a impugnación presentada polo executivo español. É a primeira vez, desde a Transición, que se suspende un acordo ou declaración adoptada nun parlamento autonómico.

O Avogado do estado español considera que o pobo catalán non pode ser un obxecto político e xurídico soberano. En todo caso, apunta, a soberanía para poder decidir sobre unha hipotética secesión de Catalunya reside no conxunto do pobo español.

En base o recurso do Avogado, a declaración de soberanía aprobada no Parlamento é “un desafío aberto contra a constitución” que ten “efectos xurídicos e políticos”. O TC ten agora cinco meses para resolver se mantén ou non a suspensión da declaración de soberanía.

Comentarios