O TC admite o recurso de Otegi e os outros catro de Beteragune e abre a esperanza á súa liberación

O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso de Arnaldo Otegi e @s outr@s catro encausad@s no caso Betegarune contra a sentenza do Supremo que os condenou a seis anos de prisión. Xermola así a posibilidade de que est@s militantes abertzales, pres@s desde 2009, sexan postos en liberdade.

Arnaldo Otegi nun acto público
photo_camera Arnaldo Otegi nun acto público

O TC admite a trámite o recurso presentado pola defensa contra a sentenza ditada polo Tribunal Supremo contra os dirixentes abertzales Arnaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Arkaitz Rodríguez e Miren Zabaleta polo caso Bateragune.

O Supremo condenara a estas cinco persoas a penas de entre seis e seis anos e medio de cárcere por, sentenciara, intentar reorganizar a ilegalizada Batasuna.

Cando 'Todo é ETA' era asumido

Eran os anos nos que o Todo é ETA impulsado por Garzón e amparado por PP e PSOE era asumido pola inmensa maioría da sociedade española sen a mínima crítica.

Agora, o Constitucional deberá estudar a petición da defensa de que se suspende a execución da condena mentres resolve sobre o asunto, segundo sinalan desde Naiz. O que supón abrir a porta á posibilidade da súa posta en liberdade, o que até o de agora era impensábel.

En prisión desde 2009

Os cinco condenados permanecen en prisión desde que o 13 de outubro de 2009 ducias de axentes de a Policía española entraran na sede do sindicato LAB en Donostia, onde detiveron a Otegi, Díez, Rodríguez, Jacinto e Rufi Etxeberria. Noutras localidades de Euskal Herria eran arrestados Mañel Serra, Miren Zabaleta, Amaia Esnal e Txelui Moreno.

Comentarios