O Banco Central Europeo rebaixa o prezo do diñeiro na Eurozona a mínimos históricos

Reduce o tipo de xuro nun 0,25 e sitúao en 0,75, o máis baixo nos 12 anos de historia da institución como xestora do prezo do diñeiro
Banco Central Europeo
photo_camera Banco Central Europeo

O Banco Central Europeo decidu reducir en 0,25 puntos o prezo do diñeiro, até o 0,75% e tamén rebaixou a facilidade de depósito do 0,25% a cero. Con estas medidas, o órgano xestor procura que haxa máis liquidez. Esta medida debería producir un abaratamento do crédito e, xa que logo, impulsar certa recupración ou reanimación económica en Europa. 

Os tipos de xuro, a pesar desta rebaixa, seguen sendo superiores aos de Estados Unidos, Reino Unido ou Xapón. Porén, é a primeira vez que se sitúa por baixo do euro na historia da moeda común.

Comentarios